Bo día a tod@s!
Como xa sabedes estas últimas semanas estivemos celebrando as letras galegas 2016, dedicado a Manuel María.
Para iso empezamos facendo unha árbore da lingua galega! Para facelo, todos os nenos do cole participamos escribindo a nosa palabra favorita! e este foi o resultado!
Para seguir festexando a semana da nosa lingua, celebramos xogos populares! Viñeron uns monitores do concello de Oleiros moi simpáticos e divertímonos moito! Rematamos co xogo da corda onde competimos nenos contra nenas!
E por último... Hoxe na hora de lectura viñeron os nenos maiores a lernos contos! Os que tiñamos irmáns pequenos no cole como Samuel e Erik lémoslles aos nosos irmáns de Infaltil! Iamos facer ao aire libre pero como o tempo non acompañou fixémolo polos corredores! Gustounos moito!
E ata aquí por hoxe! Ata a próxima!
No hay comentarios:
Publicar un comentario