martes, 24 de mayo de 2016

LAGOA DE MERA

Ola a tod@s!

O xoves da semana pasada fomos de excursión á lagoa e praia de Mera! 
Aínda que o tempo ao principio non acompañou... á metade da mañá mellorou e a partir de aí foi estupendo!

Á chegada fomos coas monitoras Zara e Marta á praia onde nos puxemos a investigar que é o que había alí e... atopamos unha chea de cousas: cunchas, algas, anemones, cangrexos... Por desgraza tamén vimos lixo, pero polo menos démonos conta da importancia que ten recoller os nosos desfeitos e usar as papeleiras!












Tras unha dura xornada de investigación tiñamos que repoñer forzas e merendamos protexéndonos da choiva. Despois fixemos uns xogos e... á lagoa!




Unha vez na lagoa puidemos ver unha chea de especies de aves como: os lavancos, cisnes, ras, tartarugas, parrulos... e as monitoras prestáronnos uns prismáticos para poder ver as aves que estaban máis afastadas!


















E ata aquí por hoxe... ata a próxima!

miércoles, 18 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS


Bo día a tod@s!
Como xa sabedes estas últimas semanas estivemos celebrando as letras galegas 2016, dedicado a Manuel María. 
Para iso empezamos facendo unha árbore da lingua galega! Para facelo, todos os nenos do cole participamos escribindo a nosa palabra favorita! e este foi o resultado!




















Para seguir festexando a semana da nosa lingua,  celebramos xogos populares! Viñeron uns monitores do concello de Oleiros moi simpáticos e divertímonos moito! Rematamos co xogo da corda onde competimos nenos contra nenas!



































E por último... Hoxe na hora de lectura viñeron os nenos maiores a lernos contos! Os que tiñamos irmáns pequenos no cole como Samuel e Erik lémoslles aos nosos irmáns de Infaltil! Iamos facer ao aire libre pero como o tempo non acompañou fixémolo polos corredores! Gustounos moito!






















 E ata aquí por hoxe! Ata a próxima!